sábado, 18 de octubre de 2008

Lectura: Cliente, calidade e proxecto de empresa

Cliente.

O cliente, en definitiva, pide que as cousas sexan boas, bonitas e baratas. O cliente sempre ten a razón e, ademáis, é o que nos paga.

Calidade.

A calidade deriva da necesidade de servizos e produtos do cliente que, unha vez transmitidas á empresa, esta sexa capaz de canalizalas para proporcionarlle o que precisa, mediante unha boa dirección e unha boa implicación desta e dos traballadores para conquerir un traballo ben feito: servizos e produtos.

Proxecto de empresa.

Trátase dun proxecto que transforme a empresa de maneira que se adapte ó contorno do mercado.

Todo proxecto parte dunha análise da situación actual, facendo unha diagnose e, partindo disto, facer unha planificación de cara a realización do proxecto de futuro.

Todo proxecto de empresa debe contar cun programa de calidade integrado na propia empresa, sen improvisacións, planificando sen precipitación e respectando e valorando o traballo de cada un.

O proxecto debe ser impulsado pola dirección e contar coa colaboración do resto da organización, cun compromiso de intercomunicación eficaz.

No hay comentarios: