sábado, 18 de octubre de 2008

VARIABLES CLAVE PARA A INNOVACIÓN: SÍNTESIS GRUPO B

1. Punto de partida: Concepto de innovación


Innovar é, segundo o punto de vista deste grupo, partir dun sistema establecido e introducir algo novo para melloralo.

2. Diagnóstico

Diagnóstico da situación de partida, tendo en conta a memoria activa da organización e coa implicación dos membros da mesma. Necesidade do coñecemento interno dos recursos da organización ( análise dos recursos humanos, funcións, formación, expectativas…).

3. Necesidade de establecer liderazgo na organización

Búsqueda de líderes na organización que apoien e impulsen a innovación para paliar a problemática derivada de dinámicas arraigadas e estáticas ( Liderazgo colexiado)

4. Implicación e información dos membros da organización

Necesidade de transmitir información ós membros da organización como medio de facilitar e promover esa participación.

5. Necesidade de motivación

Dificultade de innovar en determinados tipos de organizacións (P.ex. Administración) que fai necesaria a necesidade de motivación dos seus membros.

6. Búsqueda de modelos organizativos similares

Búsqueda de información relativa a outros modelos organizativos similares e análisise de cómo poden ser extrapolables ó noso modelo organizativo.

7. Equilibrio coste/ beneficio innovación

Por último, unha variable que está presente durante todo o proceso de innovación, é a variable coste/beneficio que se obtén coa innovación, variable que debe ter un equilibrio armónico.

INTEGRANTES DO GRUPO B

- Mª del Rosario García Ramos
- Begoña Suárez Moreno
- Ignacio Orriols Fernández
- Ángel Prego ParadaObservador: José Ignacio Fernández Nóvoa

No hay comentarios: